Editorial: Europa reacciona?


countries-signs_23-2147502528

A de Holanda era unha proba a superar na loita contra o fascismo emerxente por Europa. Unha Europa que se enfronta aos seus peores fantasmas. E en Holanda as forzas do demagogo Geert Wilders, sufriron un importante golpe en relación coas expectativas que lle outorgaban as sondaxes.

Wilders prometera pechar mesquitas, sacar a Holanda da Unión Europea e prohibir o Corán. Representaba o discurso fácil e xenófobo antiemigración. Representaba esa combinación explosiva de racismo e de populismo económico: solucións fáciles e viscerais para problemas complexos.

Pero houbo unha reacción das bases, organizada por internet, e máis de vinte mil persoas manifestáronse durante a campaña, reivindicando e celebrando a longa historia de apertura e tolerancia dos Países Baixos.

Con todo, os resultados de Wilders son bos, comparados coas últimas eleccións. E, ademais, está pendente, no horizonte o proceso electoral en Francia,e tamén en Alemaña.

O caso é que a ameaza da disgregación da idea europeísta está vindo da extrema dereita, pero causada, paradoxalmente, por problemas de carácter social, por construír unha Europa que se parece á Europa dos mercaderes que sempre foi criticada pola esquerda.

Todo o que está pasando, Brexit e Trump incluídos, debería facer reflexionar seriamente aos líderes europeos. Non se pode pedir ilusión a un proxecto que non ilusiona nin social nin moralmente. Non se pode construír unha economía sen fronteiras na que se agraven as diferenzas e as desigualdades entre clases e territorios. Non pode facerse unha Europa na que flúan os capitais e os negocios bancarios pero non poida fluír o persoal. Tampouco unha Europa insolidaria, sen fibra moral, incapaz de ser fiel aos seus valores fundacionais e ser terra de acollida e de dereitos humanos para os que foxen dunha guerra como a de Siria.

O triunfo sobre o fascismo ten que labrarse nun novo gran pacto social Europeo. É tempo de reaccionar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s