Rumores de esperanza


actualidad_197991338_30214182_1024x576

Hai historias que se fan públicas e coñecidas grazas ás redes sociais. Un caso é o de Jax, un neno estadounidense de catro anos que pediu que lle cortasen o pelo de igual xeito ca o seu amigo para que a mestra non se dese conta da diferenza e así ter algunha brincadeira con ela e cos seus compañeiros da clase. Como podedes ver na foto, non hai diferenza entre eles grazas ao corte de pelo. Se ti percibes a diferenza é porque algunha vez che dixeron que existían diferenzas entre as persoas, pero para estes pícaros de catro anos non existía ningunha diferenza, agás o corte de pelo. Toda unha lección de inocencia. Oxalá os adultos tivésemos a mesma mirada ca estes nenos.

Outra historia curiosa é a de Nico. Un debuxo que durante uns poucos días percorreu os teléfonos móbiles para ensinar a difusión e a transcendencia que tiñan algúns feitos nas redes sociais. A historia partiu dunha aula de terceiro de ESO e foi un xeito práctico de aprender cousas como, por exemplo, a difusión das cousas a través de internet.

Leccións que nos dan os nenos aos maiores. Porque estar con eles é unha continua aprendizaxe.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s