Resposta á ordenación de Cristina Moreira


14893989676656

Quero responder ó escrito do Señor Arcebispo de Santiago, e máis a Don Segundo Pérez no seu comentario á ordenación de Cristina Moreira (La Voz de Galicia, domingo 12 de marzo de 2017).

É verdade que Xesús non ordenou a mulleres…pero tamén é verdade que tampouco ordenou a homes, polo menos no senso, forma e condicións que o facemos hoxe….Todo foi obra da Igrexa que na Historia tivo o poder de estruturar os elementos que permitiron e permiten levar a cabo a obra de Xesús. E mesmo foi facendo cambios que sendo moi chamativos, considerou necesarios…un só exemplo: durante séculos permitiu a escravitude…e chegou un momento, cando lle pareceu que a sociedade tiña capacidade para asumilo,  prohibiuna para os seus fieis.

A muller no século primeiro non podía exercer o papel de representar a Xesús. Somente  se lle podía permitir ó home… Ese mesmo poder é o que ten hoxe a Igrexa para ir asumindo o desenvolvemento da sociedade e o novo papel que representa a muller. E só na medida en que o asuma e o desenvolva será fiel ó seu fundador… Recordemos a  Paulo. “E todo iso de xudeus e gregos, de esclavos e libres, de homes e mulleres, todo iso acabou, pois sodes coma un só e Cristo Xesús.” (Gálatas 3,28)

Hoxe non  podo dicir: “eu non son ninguén para opinar”, non. Como persoa, aínda que sexa muller podo e debo opinar. Como bautizada, e  polo tanto cristiana, podo e debo opinar. Como preucupada pola miña  formación humana e teolóxica , podo e debo opinar.

Lamento que os homes que gobernan a Igrexa non recoñezan esta realidade, e que, en pleno  século  XXI nos sigan considerando suxeitos de “segunda clase”. Sen capacidade de opinar e colaborar nas decisións da Igrexa.

Non se decatan os señores bispos que no século vinteún a muller , en canto á súa función na sociedade, ten as mesmas posibilidades que o home, e que so depende da súa preparación e  competencia, non do seu sexo? ¿É tan difícil de entender e de poñelo a andar?… Quén se está perxudicando? Certamente a muller, pero sobre todo a mesma Igrexa-institución que aparece como discriminadora cos seres que non naceron varóns….E isto verdadeiro cristianismo?

O argumento de que Xesús non o fixo, non nos serve. Xesús so podía  facer o que a sociedade na que  el viviu podía comprender e practicar. A evolución humana foi,  é e seguirá a ser. A fe nos fai ver a Deus nesta continuidade da súa creación.

¡Por favor, señores masculinos, abran os ollos e miren…!

Engracia Vidal

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s