Economía: Auditorios e artes


auditorio-de-lugo-8314-41-1

Auditorio de Lugo

A obra do novo auditorio de Lugo custou arredor de vinte millóns de euros, pero leva meses sen poder abrirse porque dúas administracións públicas non se poñen de acordo sobre cal das dúas ten que financiar o equipamento. Parece difícil que obras desa magnitude se inicien sen que estea claro quen financiará cada parte. Pero a política é así. Con demasiada frecuencia inícianse cousas sen saber como se farán ou como rematarán. Hai que alimentar os medios.

Que as urxencias políticas invadan o funcionamento das administracións públicas non é ningunha novidade. O máis rechamante desta situación é a escasa demanda social de apertura dun edificio necesario; mesmo parecemos temer a súa posta en marcha, porque… Que pasará a partir dese día? Temos a mesma fame cultural en todas as cidades? Temos espazo dabondo para as artes na nosa vida diaria, sexa música, teatro, cine, danza ou literatura?

Tradicionalmente as artes satisfixeron a nosa necesidade de humor e drama, mesmo de traxedia. Foron unha aguilloada para o noso pensamento e para a cohesión social. Igualaron a relixión na súa capacidade para transcendérmonos. Humanizáronnos e axudaron, e axudan, a minguar o pecado orixinal co que nos presentamos en sociedade: a cobiza. E o progreso construíu a televisión, coa súa programación infinda, que nun principio fixo menos necesarias aquelas narracións que, unhas veces de forma torpe e outras grandiosa, axudaban a reconciliarnos coas miserias do humano. Pero hoxe a calidade de demasiados programas, en vez de reconciliarnos con esas miserias, o que fai é amplificalas a través do odio tribal, o gueto cultural e económico, o medo ao outro.

cropped-bsig-2016-foto-oficial

Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia

Coñecemos o valor social e político do fútbol. Tivo a fortuna de asociarse co que parecía ser o inimigo que o ía destruír, a televisión. E resulta que esta impulsouno a un nivel de popularidade que ten maior mérito se cabe polas enormes alternativas que existen hoxe para o lecer.

Pero o adversario non é o fútbol. Posiblemente haxa moito que aprender da capacidade que ten este deporte de formar continuamente canteiras de cativos que queren xuntarse detrás dun balón, é dicir, de aglutinar entusiasmo. Ese sentimento que etimoloxicamente nos remite ao goce de estar enchido de divindade, que nos axuda a transcender os mesquiños medos, é unha sensación coa que agasalla o deporte, pero tamén a música, o teatro, o cine, complementos culturais que necesitamos integrar nas nosas cidades para que non se amurallen os nosos barrios e as nosas almas.

Nunca tantos músicos formados con estudos regrados tivemos en Galicia. Nunca tantos tiveron que tocar fóra por falta de traballo e mal pagados…, tan mal pagados que posiblemente outra orquestra filharmónica non fose tan cara como moitos pensan. Porque, moitas veces, a proximidade coas artes comeza igual que co deporte, coas ganas de ver as túas crianzas xogar.

Pedro Pedrouzo Devesa

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Economía coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s