O peto común


bambino_corridoi_umanitari

Encontro un amigo que chegou de Bos Aires e vén asustado da violencia que atopou polas rúas. Hai moita crispación e tamén delincuencia xuvenil, bandas de adolescentes coma en Río ou no Salvador. Escoito testemuños doutros países e coinciden. Na América de Trump enfróntanse a paus os dun lado cos do outro.

Por aquí, a cousa vai de escándalos e crispación: Unha drag queen disfrazada de Virxe María alporiza a moitas persoas relixiosas, o mesmo que un cartaz no entroido, que din fai burla do Papa. Un autobús dunha chamada organización cristiá revoluciona os medios porque vai contra os transexuais. Non sei se un disfrace da Virxe María é unha blasfemia, pero hai outras ben grandes para nos alporizar: eses meniños inmigrantes afogados nas praias, os campos de almacenamento de refuxiados no medio da chuvia, da lama e do frío, a violencia contra as mulleres…

Hai algúns investigadores que relacionan todo isto coa cousa esa das redes sociais. Din que hai moita incomunicación -paradoxo tremendo!- e xera comportamentos violentos. Os faladoiros televisivos de política, fútbol e moitos programas sensacionalistas veñen colaborar non pouco.

A CORESMA convídanos ao silencio, ao xaxún e á compaixón; quizais fose un bo remedio para males tan gordos. Trátase da CONVERSIÓN, de lles dar a volta ás cousas e ao corazón.

A Comunidade de San Exidio, en Italia, acolleu máis de 700 refuxiados do conflito sirio, máis ca os gobernos todos xuntos da Unión Europea. Sen facer ruído, en silencio e con moito amor. Estes son os sucos da Pascua, do triunfo sobre a morte.

Rubén Aramburu

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s