Falando da lingua: Non todo é chover!


chuvia

Estabamos naquel paraíso rural e lingüístico e escoitámolo alto e claro: **Non so cre! E nós tampouco o dabamos crido!… Foi hai un tempo, un ano, se cadra dous… Pero agora puxemos a orella e escoitámolo cada vez máis e non queremos crer que o proceso de castelanización avance de tal forma que haxa ataques á estrutura da nosa lingua que sexan dese calibre. Ultimamente escoitamos na xente nova expresións do tipo: *Non so cre, *Non so comeu, *Non so levou, *Non so bebeu... A cuestión está en que non é unha cousa de castelanfalantes que nunca oíron falar en galego e que traducen literalmente. Non se trata diso, ou non só! O caso é que llo escoitamos a xente que naceu falando galego, que mamou o galego na casa e con dezasete anos, e catorce metidos dentro do sistema educativo -onde deberían escoitar galego normativo ou, cando menos, sen estruturas castelanizadas deste tipo- poden dicir tales cousas…

Como poderá ser que non lles piten os oídos ao escoitar tales cousas? Como pode ser que entre galegofalantes haxa estruturas que son traducións do castelán e que as teñen que traducir eles mesmos ao iren falando? En galego non temos ese “se” reflexivo. Nós, cando queremos dicir que Fulano non cre tal cousa, dicimos Fulano non o cre, mentres que en castelán din “Fulano no se lo cree”, igual que A nena non comeu o chocolate queda en A nena non o comeu, nunca “*A nena non so comeu”, xa que isto é tradución literal de “No se lo comió”, de igual maneira que se vemos que o neno non bebeu o leite, diremos Non o bebeu, pero non podemos espetar “*Non so bebeu”. Tamén pode pasar que digamos: Ah, e marchou e non levou o libro!, nunca poderiamos exclamar *”Non so levou”, senón simplemente, Vaites, non o levou! O “vaites” non é obrigado, pero é unha fórmula moi galega, tamén case perdida porque non existe en castelán… Outra forma de castelanización: todo aquilo que non existe en castelán vaise perdendo en galego… Pásanos con”vaites”, co infinitivo conxugado ou coas cen formas que temos para expresar que cae auga do ceo, que non todo é chover-llover. Mais isto dá para outro artigo, que aquí non nos deixan máis espazo!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Falando da lingua coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s