O fachineiro do teatro


cartel-santiago

A cabeza do dragón

A compañía Producións Excéntricas estreou hai uns días esta obra que vai estar de xira durante os vindeiros meses por Galicia adiante e mesmo en Portugal. A dirección está a cargo de Quico Cadaval que está acompañado por un elenco moi coñecido: Iván Marcos, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina e Marcos Orsi.

A montaxe espertara un interese especial porque os herdeiros dos dereitos de Valle Inclán teimaran, ata agora, en non deixar traducir ao galego ningún texto do autor. Con esta peza ponse fin a unha anomalía, declara o director. O cerne da obra ten a sinxeleza dun conto infantil no que unha princesa a piques de ser sacrificada ao dragón acaba sendo salvada por un príncipe disfrazado de bufón. Pero ese inicio de conto infantil vaise transformando nunha comedia con referencias á actualidade máis inmediata, e chiscadela aos herdeiros de Valle incluída. O vestiario e a música contribúen a facer desta peza unha obra moi notable. Ata o momento o público premia con cheos os lugares de representación, e esa adoita ser a mellor referencia. Sen dúbida hai que ir vela.

 A.Q.

 

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro, Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s