Política: Negociando coa vida


A vida negociable é o último libro de Luis Landero, unha novela dun pícaro en crecemento. O protagonista, Hugo, podería ser perfectamente un dos miles de alumnos que pasean pola ESO agardando que alguén descubra dun só golpe de intuición as cualidades latentes que ten de seu.

Hugo ve pasar os anos trampeando a vida como pode e sen grandes esforzos porque pensa que en canto se propoña darlle un xiro, será capaz de conseguir o que se propoña.

Existen miles de hugos hoxe na ESO, agardando que os seus descubridores aparezan, aínda que para forzar o destino teñan que participar nun concurso musical que os lance ao estrelato.

Posiblemente esteamos nas décadas nas que máis gasto se realizou en educación. Poderiamos dicir tamén que nunca houbo tantos profesores con formacións tan especializadas e variadas para sacar o mellor das novas camadas. Porén, algo falla. O ensino desagrada a demasiados adolescentes. Non o ven como unha oportunidade única para conseguir triunfar na vida. É unha cuestión de recursos, de diñeiro?

A escola non é unicamente un espazo de formación académica. Realmente, é unha das últimas posibilidades que ten unha sociedade de cimentarse, de cohesionar e integrar a súa variedade. Despois da escola, multiplícanse os ghetos. Son eses fantásticos anos nos que se dirime o éxito social dun barrio, dunha vila e dunha cidade. Posiblemente os servizos sociais tivesen que estar máis presentes na vida social e académica dos adolescentes de moitos institutos. Non será polo número de educadores sociais que están en paro. Vai ser difícil encontralos no futuro en condicións tan económicas. O noso país é bastante torpe cando se trata de aproveitar os recursos humanos ociosos. E nós tamén somos demasiado torpes á hora de dar resposta ás necesidades sociais de forma creativa, sen ter que esperar a que o organice alguén.

Os barrios das nosas cidades están agardando a ser conquistados por vós, educadores e traballadores sociais. A Administración xa demostrou o extremadamente lenta que é en dar resposta ás demandas sociais. E os políticos están demasiado ocupados discurseando.

A vida é negociable. Dáche continuas oportunidades de refacerte negociando con ela. Pero hai demasiados cativos embridonados con aparellos dixitais que poñen entre as mans e serven para que non poidan ver nada máis ca o que sae na pantalla. Necesitan un rescate. E a sociedade non pagará por ese traballo ata que alguén non demostre a súa utilidade.

Pedro Pedrouzo Devesa

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s