Editorial


Mentres pechamos este número de Irimia, estase a celebrar o 8 de marzo, o día das mulleres, pero este ano a celebración ten algo diferente. Un grupo de mulleres superviventes do maltrato, da asociación coruñesa Ve-la luz, están acampadas na porta do Sol sostendo una folga de fame desde hai case un mes, para pedir que a loita contra a violencia machista se converta nunha cuestión de estado (www.asociacionvelaluz.es). Por parte dos medios o apagón informativo sobre este tema é escandaloso cando imos xa polas 21 vítimas (18 mulleres e 3 menores) neste ano 2017.

É moi difícil non ver os avances que en conciencia de igualdade se van facendo, e ao tempo ignorar os movementos de volta atrás que tamén se suceden nesta loita. A Sra. Trump rexeita vestir de branco no Congreso, cor cunha clara alusión á loita das mulleres sufraxistas do seu país, e preséntase ante a súa nación vestida de negro. Ao mesmo tempo cobra forza a nivel global a petición da asociación arxentina “Ni una menos”, que convoca a todas as mulleres do planeta a unha folga contra a violencia machista, para acabar coa fenda salarial e pola visibilización dos traballos de coidados. Certamente este é un problema global para o que as solucións sinxelas non existen. Un problema que precisa un pacto de estado, unha acción contundente e global desde todos os niveis e estamentos.

E un ano máis, malia o mal tempo, as rúas de Santiago enchéronse de berros feministas pola vida, contra a violencia e a discriminación, na manifestación Nacional do domingo 5 de marzo, unha manifestación que uniu  todas as agrupacións e plataformas feministas galegas baixo un único lema: Feminismo para avanzar xuntas nunha mesma loita. A manifestación contou cunha forte presenza policial ao longo de todo o seu percorrido, cousa pouco usual nestas celebracións.

Imos vendo o lento avance da historia: por unha parte o poder e os seus símbolos móvense cara á involución e a negación de dereitos e por outra as pequenas asociacións feministas van avanzando e facéndose fortes no mutuo apoio e a loita. Vencerá David a Goliat?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s