O fachineiro dos libros: Nordeste


Hai moitos libros que parten da hipótese de “que pasaría se…” para contar a súa historia. É o caso, por exemplo, do Ensaio sobre a cegueira de Saramago: que pasaría se todo o mundo se volvese cego? Tamén ocorre así en Nordeste. Que pasaría se gañaran os irmandiños? A obra ten esa parte de historia-ficción que nos amosa unha república galega cos seus territorios de ultramar e a súa Compañía Galega de Indias. Iso por un lado; porque polo outro, móstranos a situación dos desherdados do Brasil, do sertão, na década dos anos 30 baixo a bota de Getúlio Vargas. A obra comeza xustamente coa morte dun grupo de cangaceiros, unha banda que expresa o berro de desesperación dos que nada teñen que perder. E tanto nun plano coma no outro, a presenza protagonista das mulleres: Carme de Candinga e María Bonita. Este volume, que recibiu o Premio Repsol de Narrativa Breve, vai publicarse tamén no Brasil, unha exportación de cultura, non moi común na literatura galega. Non lembra o fachineiro quen foi o que dixo que os libros dos autores mortos hai que lelos e os dos vivos, compralos. Con esta primeira obra de Daniel Asorey hai que facer as dúas cousas asemade.

A.Q

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s