Rumores de entroido


Todo o que fai Cáritas é motivo de esperanza. Polo cal poderiamos encher centos de páxinas desta sección en contalo. Hoxe vou falar dun proxecto novo que vén de mellorar unha das actividades polas cales é coñecida Cáritas. Trátase do proxecto Arroupa. Este proxecto fai que toda a roupa que se xestiona dende Cáritas e que se recolle  nos diferentes roupeiros e colectores pase por un proceso de selección no que se discriminan as prendas en función da súa utilidade. A que vale véndese en tendas que ben parecen boutiques. A que non recíclase, reutilízase…

Por suposto toda a xente que traballa neste proxecto busca reinsertarse e reconducir a súa vida. Ten un contrato de traballo digno e un soldo acorde a súa cualificación profesional. Este tipo de cousas para que sexan coherentes non poden facerse de xeito improvisando ou simplemente con boa fe sen unha boa infraestrutura que garanta a  dignidade de quen estea no proceso.

Noutra orde de cousas, cando teñas un bocadiño de tempo diante do teu ordenador e queiras sorrir un bocadiño podes ver os vídeos de Páramo Pictures. Un grupo de raparigos que con moitas doses de retranca, crítica social e bo facer fan que poidas pasar un bo tempiño cun sorriso nos beizos. O ideal para Entroido.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s