O Peto: Retos


opeto-1

Chamoume moito a atención o que Rubén escribiu hai pouco nesta mesma páxina cando falaba de como nós, na Igrexa, estamos dedicados a moita misa para arriba e para abaixo e déixanse de lado cousas tan importantes como estar a carón da xente nova na súa vida, na súa busca, na súa maduración.

Na diocese de Mondoñedo-Ferrol, coa chegada do novo bispo Luís Anxo, estanse removendo algunhas cousas; estásenos invitando aos grupos, do tipo que sexamos, a que pensemos e opinemos sobre que cousas habería que cambiar ou mellorar na Igrexa diocesana, sobre os retos máis importantes que temos por diante.

Pois ben, nun grupo interparroquial no que participa quen isto escribe propuxemos que os grandes retos que a diocese de Mondoñedo-Ferrol tiña por diante –e pensamos que é algo que se podería dicir de practicamente toda Galicia e máis aló— serían estes catro:

1.- Facer do anuncio do Evanxeo, da vida cristiá en xeral, algo atraínte, amable, gozoso, esperanzador. Unha boa noticia, como vivían e transmitían as primeiras comunidades cristiás, como dicimos tamén nós hoxe, pero sen chicha .

2.- Prestar unha atención moi especial á xente nova, que se está distanciando a galope das nosas comunidades cristiás. Menos culto, menos misas e máis investimento en acompañar a mocidade.

3.- A falta de cregos, a elevada idade dos que aínda hai, está clamando por unha reconversión da configuración das nosas comunidades, ata agora tan clericais e tan de estrutura piramidal.

4.- O reto de deixar ou favorecer que esperte o laicado, ese xigante durmido, que dicía alguén; as primeiras comunidades cristiás que Paulo promovía poden ser unha viva referencia.

Igual algunha destas cousas tamén as podiamos pensar para IRIMIA.

Manolo Regal Ledo

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s