Editorial: A xente


De maneira reiterada escóitase o mesmo, unha e outra vez, cando falan voceiros e creadores de opinión: “os partidos deberían falar menos deles mesmos, das súas liortas internas, ou das súas confrontacións estériles ….e falar máis dos problemas da xente”.

E o caso que os  famosos “problemas da xente” parece que certamente non se tratan demasiado. Non se sabe moi ben se é que eses “problemas da xente” non son os que lles preocupan ás forzas políticas, ou se eses “problemas” son máis grandes ca as súas capacidades, ou, quizais, se non pasará que xornais, televisións e xornalistas o que procuran é precisamente meter o dedo nas feridas, poñer o foco no sangue e o morbo e facer moito ruído para que o que lle chegue á cidadanía como “noticia política” sexa esa rifa e discordia permanente entre partidos e intrapartidos.

O caso que o debate, a proposta, o contraste de pareceres e proxectos sobre “os problemas da xente” non dá chegado á xente. Nunca na acción política houbo tanto de espectáculo e tan pouco de pedagoxía.

O exemplo de sempre: Non sabemos se os partidos presentan ou non alternativas ao escándalo da factura eléctrica, se o teñen estudado con rigor, se o entenden, se se confrontan as solucións. Pode ser que o fagan, pero na crónica política dos medios non se fala doutra cousa que de Errejón contra Iglesias, Díaz contra Sánchez, e Cospedal contra o mundo.

Máis actual aínda, a cuestión de confianza, o conflito no concello da Coruña. Toda a información se centra na liorta, no “fuches ti”. E non se vai ao miolo, “aos problemas da xente”.

Porque a maioría da xente non sabe que o portazo do PSOE ao alcalde Xulio Ferreiro é un portazo a tres temas estratéxicos que si teñen que ver cos famosos “problemas da xente”. Porque a Marea puxo tres condicións para darlle poder e orzamento a catro concelleiros socialistas: o seu apoio estable á creación dunha verdadeira área metropolitana, a un plan de mobilidade sustentable e á defensa da fachada marítima da Coruña para o uso público. E eses si serían compromisos cos “problemas da xente”. Pero o acordo, o programa e a concordia para o ben da xente seica non cotizan no mercado da política espectáculo.

Nunca na acción política houbo tanto de espectáculo e tan pouco de pedagoxía.

 

 

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s