O fachineiro de Rosalía: Profeta en Noruega


Dentro de unha semana, o 24, fanse 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Todo o que se puidese dicir dela nesta columniña sería ridículo se se quixer ponderar a dimensión que ten na cultura universal, así que imos aforrar o esforzo. O que si quere aplaudir o fachineiro é a iniciativa de poñerlle ao aeroporto de Santiago o nome da figura máis importante da nosa literatura. A estas alturas só cabe pensar:  E como non se lle ocorreu a ninguén antes? Pois xa se lles ocorrera aos noruegueses, ao lle dar dar o nome de Rosalía a un avión da súa frota -como fixera o Castromil cos autobuses, todo hai que dicilo-.

A compañía aérea Norwegian pasea a foto e nome de Rosalía por todo o mundo. E tamén os de Clara Campoamor e Gloria Fuertes. Esta sensibilidade casa moi ben coa personalidade de Rosalía, unha feminista antes de que se inventase tal termo e existise tal movemento. Ela foi  atacada pola súa condición de escritora, cando todo o máis que podía escribir unha muller eran poemas folclóricos. Porén,  resultaba inaceptable que os  seus versos cuestionasen o sistema económico, xurídico, o papel feminino ou a se interrogase sobre asuntos metafísicos. Que ben que chova miudiño pola banda de Oslo e pola banda de Lillestrøm!

A.Q

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s