Falando da lingua


falando-da-lingua-1

Estoutro día pasounos un detalle… Despois de facer a lista das comidas da semana, fomos ao supermercado que está á beira da nosa casa para facer a compra. Cando lle tocou a hora á carnicería, pedímoslle ao carniceiro, que non era o de sempre, todo o hai que dicir, que nos puxese un anaco de xarrete, por aí medio quilo, e… mirounos cunha cara como se lle tivese medo ao becerro que tiña espezado na neveira…

– Anaco…, como…

– Pois máis ou menos de medio quilo…

– Ya…, pero como de anaco…

– Un cacho, ho, un pedazo…

– Y de que me dijo, de esto…? -indicando una cinta de raxo…

– Non, raxo, non; xarrete…

– Tienen que perdonar…

– Un anaco deste… -dixémoslle, indicándolle un anaco de becerro que tiña despezado na neveira…, a través do cristal.

Vendo a cara de apuro do home, veulle valer o seu compañeiro. Vaia, el tampouco sabería que lle “viña valer”; botaría de conta que “le ayudaba” e bo era…

Agora ben, tamén pasan cousas agradables… Recibimos carta de Pepe Dopico, desde Betanzos. Moitas grazas, Pepe. E cóntanos que no concello de Monfero, concretamente no Val de Xestoso, hai una capela dedicada a santa Baia, que pertence ao Alto de Xestoso.  Diciámosvos nós que santa Baia a había en Dumbría, na comarca de Fisterra. Moitas grazas por nos enriquecer, Pepe! E conta tamén que nesta zona se colleitan os mellores grelos da comarca, do concello, da provincia e do mundo enteiro…

E tamen conta que cando el era pequeño, na parroquia de santa María de Souto, no concello de Paderne, onde el naceu, plantaban coliflor, que guisaban con bacallao, que daquela eran os anos da fame e era barato e non había que esperar ao Nadal, e sabía que rabeaba…

Canto presta oír falar con este amor, con esta paixón, da terra… Vaian unhas polas outras… Dicía Castelao que entre pau e pau folgan as costas…

Lidia e Valentina

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Falando da lingua coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s