Rumores de esperanza


Este ano sentín especialmente non poder ir á festa do lume. Digo que especialmente porque era en Sobradelo. Houbo un tempo na miña vida no que esa foi a miña parroquia de referencia. Era unha comunidade moi xeitosa. A xente era moi acolledora e ben que o notamos na Romaxe no Xiabre, en Vilagarcía. Lembro con cariño o coro de señoras que cantaban na misa de doce dos domingos. “As chicas de oro” se autodenominan. Lembro unha catequese con bastantes pícaros que estaban ben a gusto. Lembro a implicación da parroquia con Cáritas. Alí está a casa de San Cibrán, que é un lugar cheo de esperanza para quen o precisa. E tamén lembro a Don Daniel. Un cura pequeniño, cheo de bo corazón e entrega á súa xente. Non é destes curas tremendos que arrasan pastoralmente. É un home sinxelo, do seu pobo, que ten a grandísima capacidade de saber acompañar. 

Eu coido que as comunidades parroquiais deben ser iso. Lugares de encontro sinxelo e aberto. A Igrexa debe fuxir de despachos sacramentais e camiñar cara a comunidades que camiñen unidas nas diferenzas. Ser cachiños do reino de Deus na terra. Rumores de Evanxeo. Rumores de esperanza.

Xan Guillén

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s