O fachineiro do home do saco: A nena de Rajoy e o vello de Feijoo


Quizais alguén lembre aquel debate de Zapatero e Rajoy no que este último acabou falando dunha nena para tocar a fibra sensible da audiencia. Foron unhas risas, porque soaba máis falso ca os billetes do Monopoly. Houbo un tempo en que Gayoso de Caixanova e Méndez de Caixa Galicia foron os amos do universo, un tempo no que facían e desfacían mesmo por encima do que dixese o Parlamento e con Feijoo asentindo coa cabeza coma os cadeliños dos coches dos anos 80. Agora Gayoso está no cárcere da Lama con outros directivos que non quixeron devolver un peso das carradas de cartos públicos que nos roubaron a todos e todas. Pero ese ladrón inmisericorde que mentres roubaba dicía que había que recortar os soldos dos empregados públicos un 30%, para Feijoo é un velliño que vive unha situación dramática. Di que pensemos nos nosos pais ou avós que teñan esa idade. Non se acorda Feijoo dos avós da mesma idade que non poden pagar as receitas dos medicamentos, nin dos que non recibiron tratamento de hepatite C, nin dos que agardan para operarse, nin dos que non reciben a axuda á dependencia ou a viron recortada, nin dos que fan a ruta do cancro. Son vellos de segunda. O vello que está no módulo de “respecto e convivencia” da Lama, xunto cos seus secuaces, foi recibido polo director da cadea. Que lle dean ese recibimento  ao home do saco si que é dramático.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s