Ler para camiñar: La noche de la Usina


Deste novelista ou contador de historias arxentino, Eduardo Sacheri, soa La vida que pensamos ou El secreto de sus ojos, que, levada ao cine, lograría o Oscar á mellor película estranxeira en 2010. Pero o de agora éche outra cousa. La noche de la Usina, absolutamente delicioso, foi premiado co Alfaguara  2016.

Un escenario na pampa para un humor fresco e ás veces cheo de rabia contra o que é inxusto. Ou a rebelión dos perdedores de sempre, os que acaban tirados na beirarrúa por aquel ‘corralito’, os prescindibles nesta globalización, os ‘desechables’ en cada crise. Que crise? A nosa ou a deles? Hai xentiña así, que transita polas crises como se fose o xogo da oca: sempre lles toca.

Na Arxentina de 2001, en pleno ‘corralito’, queda atrapado un grupo de perdedores. Velaí este grupo de quixotes miúdos nun pobo condenado á decadencia, xuntando aforros para montar unha cooperativa e construír un pouco de futuro para todos. Emprendedores, diría agora a relixión neoliberal. E de como os seus dólares acaban no peto dun estafador e coñecido cacique. E de aí ata o desfondamento, a baixada cara á derrota pero nunca á indignidade.

E agora, agora veñen as aventuras e desventuras destes personaxes entrañables para recuperar o aforrado, para volver a construír un soño, a urdidura dun plan que ten máis da xustiza ca de vinganza para recobrar o diñeiro. O plan abracadabrante, máis cerca da comedia de enredo ca do drama, perpetrado por esta xentiña, é toda unha narración coral, chea de equívocos e xogos de palabras, un calidoscopio do enxeño dos pobres e un canto á súa redención social.

Que ben escribe este Sacheri! Que ledicia ler ata acabar entendendo os xiros da linguaxe! O humor e a retranca, a suma de personalidades tan diferentes, tan feramente humanas, para compoñer este retablo de perdedores de todas as crises, de gañadores de decencia humana, ‘boludos e pelotudos pero xamais fillos de puta’.

Para ler, para gozar. La noche de la Usina. De Eduardo Sacheri.

Juan Antonio Pinto Antón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s