Rumores de esperanza


Un corazón sen portas. Disto falaba unha canción de misa das que cantaba cando era mozo e non tan mozo. Estamos en tempo de frío. Nas noites o termómetro baixa de cero graos en boa parte do noso contorno e custa moito abrir portas e ventás. É que fóra vai moito frío, e o que presta neste días é pecharse ben na casa e tomar algo quentiño. O caso é que hai moita, moita xente que queda fóra das nosas portas e que pasa moito frío. Xente que dorme na rúa ou que ten dificultades para atopar un acubillo. Xente que vén de camiño fuxindo dende a guerra e camiñando entre a neve e as portas pechadas de Europa.

Pero o Papa Francisco ten claro que na Igrexa non pode haber xente que durma fóra. Que se deben abrir as portas aínda que entre un pouco de frío.  E dixo varias veces que hai que abrir as portas das parroquias aos refuxiados. E hai igrexas que o están a facer. Empezando pola Igrexa de San Calixto no Vaticano que se converte nun enorme dormitorio cheo de camas, mantas…

É que podemos sentirnos moi satisfeitos da acollida que están a dar moitas igrexas do mundo. Non só no inverno, tamén cando non vai frío pero os corazóns seguen conxelados. Oxalá pouco a pouco haxa máis parroquias que sexan corazóns cheos de vidas e sen portas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s