Editorial: A invernía moral de Europa


O discurso da ultradereita europea penetrou pola porta de atrás e foinos mirrando o espírito

Os informativos estiveron saturados de climatoloxía, prognósticos e alarmismos. De acordo con que houbo temporal de neve en Xávea e de acordo con que houbo xente con DNI español que quedou incomodamente atrancada nunha autovía, dentro dos seus coches, pola nevarada. Mesmo hai quen pide dimisións.

Pero o problema humano, o escándalo de dimensións seculares, a vergonza que quedará na historia se hai quen a conte, é o que queda detrás desa “actualidade” dos nenos sen clase de Murcia, e está a tres mil quilómetros cara ao leste, nos campos de refuxiados de Grecia e os Balcáns.

“Estamos indignados ao vermos como, malia as promesas, os refuxiados e os inmigrantes están varados á intemperie. Viven baixo a neve e a choiva xeada, cun acceso limitado á auga quente, case sen calefacción, mentres as temperaturas baixo cero son insoportables”, denunciaba Clement Perrin, coordinador xeral de Médicos sen Fronteiras en Grecia.

O discurso da ultradereita europea foinos enchoupando. Penetrou pola porta de atrás e foi mirrando a sensibilidade moral dos pobos de Europa. É o mesmo falar de Trump. Dicía o sociólogo Bauman que cando o primeiro ministro húngaro di “todos os terroristas son inmigrantes”, en realidade o que está comunicando, o que a xente realmente capta,  é que “todos os inmigrantes son terroristas”.

É a desconfianza cara ao outro, o estraño, o descoñecido. Ese “estraño” vólvese o centro de atención. Aí ponse o foco para desviar a atención do problema real. Cal? Pois que os nosos líderes actúan coma monicreques incapaces de facer fronte aos grandes poderes económicos privados. Como aceptar, por exemplo, o que pasa no Estado español coa factura eléctrica? Como aceptar esa resignación fronte a uns xigantes enerxéticos que teñen millonadas de beneficios especulando cun ben de primeira necesidade? Como aceptar iso en Galicia, que é excedentaria en electricidade e soporta todas as consecuencias da súa xeración?

Iso sen citar a banca, as tecnolóxicas, as farmacéuticas… A sensación de impotencia e incerteza sobrecóllenos e arrepíanos. Poñer o foco “nos estraños” desvía a atención do público e, de paso, tranquiliza a nosa conciencia mentres os vemos morrer de frío.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas . Ligazón permanente.

One Response to Editorial: A invernía moral de Europa

  1. Pingback: ‘A invernía moral de Europa.’ Asociación Irimia | MariaLDario's Blog

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s