Política: 100 anos da revolución


Vestiario deseñado por Popova Liubov. “Produción de Roupa para Actor nº 5” (1921), traxe dun actor femenino para a obra vangardista de Fernand Crommelynck, “The Magnanimous Cuckold” (1922).

100 anos despois segue estremecendo o enorme impacto que tivo a revolución soviética en todo o século XX. O comunismo foi unha ideoloxía cunha atracción inusual. A capacidade política de liberar o ser humano das súas ataduras segue sendo unha utopía necesaria pero afastada, un horizonte que convén non descoidar pero tampouco idolatrar.

O século XX non se entende sen o comunismo, e 2017 promete ser fecundo na revisión daqueles días e todos os froitos que nos trouxeron, desde a esperanza ao desencanto. O socialismo precisa de moitos matices, debido ao enormemente complicado que é materializar a súa esencia, que non é outra que conseguir a igualdade social.

A igualdade é un ben en si mesmo. É unha meta que non debemos descoidar e que é historicamente repetida e demandada por todos aqueles que contemplan con pesar a capacidade de maltrato consigo mesmo que o ser humano ten de seu.

O comunismo foi posiblemente o episodio máis constante, elaborado e fructífero de combate contra as desigualdades. Pero, ao mesmo tempo, deu lugar a momentos de barbarie social e política extrema co propio pobo que o fecundaba.

A igualdade a través da política propiciou unha concentración de poder e lexitimidade social. O comunismo esqueceu que a consecución da igualdade debe estar na sociedade, non na política. Non se trata de darlle voz ao pobo, senón de recoñecerlle que ten voz propia. E como tal debe ter instrumentos transparentes e insubornables de materialización desa voz.

A igualdade é esquiva e os seus apóstolos adoitan empoderarse facilmente. Gústalles recoñecerse insubstituíbles, porque a esquerda sempre amou o carisma, sempre quixo líderes. Pero os líderes, igual que os antigos deuses, demandan sacrificios.

As barbaries que acumulou o capitalismo, fundamentalmente a través da explotación daquel Terceiro Mundo que se repartían as multinacionais, serviu para validar en Occidente un réxime que era insalvable desde o punto de vista humano, pero que era fonte inspiradora para aqueles que querían frear o proceso de escravitude laboral que asolagou o Salvaxe Oeste europeo antes de se converter en Estado de Benestar.

Soubemos modelar e modular capitalismo e socialismo para evitar os peores trazos de cada un? Se cadra, pero quedámonos polo camiño. Hoxe necesitamos repensar as fórmulas que nos permitan converter o mundo nun lugar seguro e máis xusto, onde a liberdade e a igualdade sexan principios e medios de convivencia. O resto son prexuízos. E todos andamos sobrados deles.

Pedro Pedrouzo Devesa

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s