DOMINGO 22 DE XANEIRO. III do TEMPO ORDINARIDO


A PALABRA. Mt 4, 12-23

Cando soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. Deixando Nazaré, foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí, para que se cumprise o dito polo profeta Isaías: Terra de Zebulón, terra de Naftalí, camiño do mar na outra ribeira do Xordán. Galilea dos pagáns. O pobo que xacía na escuridade viu unha gran luz: Para os que habitaban no escuro país da morte brillou unha alborada. E desde aquela empezou Xesús a predicar, dicindo: «Arrepentídevos, que o Reino dos Ceos xa está aí.»

Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén chamado Pedro, e Andrés; os dous, que eran pescadores, estaban largando o aparello no mar. Díxolles: «Vide comigo, e fareivos pescadores de homes.» 20 Eles deixaron de contado o aparello, e seguírono. Máis adiante atopou outros dous irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca arranxando o aparello. Tamén os chamou, e eles coa mesma deixaron a barca e mais a seu pai e seguírono. Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo.

A CLAVE – Carme Soto

Xesús voceiro na salvación e sanación de Deus

No evanxeo de hoxe Mateo fainos un resumo dos comezos da misión de Xesús. No texto aí tres datos importantes que, o máis probable, é que formara parte do núcleo historio da vida do Mestre.

En primeiro lugar, Xesús inicia a súa misión despois do arresto de Xoán. E fácil pensar que inicialmente na predicación do Bautista comezara a intuír que a relación que Deus anhelaba ter co ser humano ían moito máis aló dun intercambio ritual e do cumprimento das tradicións. A miseria e a opresión da maioría do pobo non estaba no proxecto do Pai. Cando os poderosos calan, o profeta do Xordán, Xesús, comeza a falar, pero cun estilo propio.

En segundo lugar, o Mestre sinte a necesidade de buscar compañeiros e compañeiras que impulse con el o proxecto do Reino. A chamada  aos primeiros discípulos mostra que a súa intención non é facer un exército de elite, senón convocar home e mulleres que encarnen na súa vida a Boa Nova do Abba.  Estes, seguirán sendo o que son, pescadores, pero de outra maneira.

E terceiro, Xesús ensinaba e curaba. El sabía que a fe e a vida van xuntas, que a acción salvadora de Deus só podía ser recoñecida se a xentiña do pobo experimentaba a liberación do seu sufrimento e desesperanza.  Polos camiños de Galilea o Mestre abría horizontes de ilusión e confianza. Construía un proxecto transformador e de cambio.

Eu, ás veces, pregúntome, onde gardamos esa novidade,  onde agochamos ese Deus preocupado das persoas, agarimoso e bo. Quizais este evanxeo devólvenos esta pregunta…

O Eco – Olga Álvarez

Aquí tedes como comezaron a carreira de comerciais uns pescadores de auga doce. E non sería polos cartos pero algo tería o Moreno que os levou a deixar o único choio que coñecían para ir anunciar a Boa Nova e ser pescadores de homes e mulleres.

Como? Ofertando un produto sen igual no seu tempo: Esperanza nun mundo mellor, nunha vida mellor, en se converter en persoas mellores, sandando das doenzas físicas, mentais, sociais que os limitaban. Irmandade, sentirse arroupados polos compañeiros de camiño, nunha loita común na que nunca estarían sós. O sentido da vida, ter un porqué vivir e incluso morrer, máis aló do simple sobrevivir. O Reino de Deus xa, aquí e agora.

Pero non foi daquela, nin será no 2017, aínda que se achegue a pouquiños, mentres seguimos coa nosa técnica das subvencións: soñar, pedir, loitar polo 100% aínda sabendo que imos conseguir o 50, o 40, o 60% coas nosas poucas forzas. Medrar en espirito. E nunca, nunca perder de vista o Sur.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s