O peto común: Taizé


A Comunidade de Taizé convoca todos os anos un encontro da Peregrinación da Confianza no tempo de Nadal. A última foi en Riga, capital de Letonia.  Durante cinco días, do 28 de decembro ao 1 de xaneiro uns dez mil mozos católicos, ortodoxos, protestantes… todos cristiáns   procedentes de moitos países europeos e de Asia, oraron xuntos, escoitaron a Palabra, participaron en obradoiros e coñeceron experiencias.

Topo un cura amigo que trae cara de canso. Conta que na última ponte festiva celebrou quince misas en tres días nas moitas parroquias que atende; que non hai mozos nas igrexas e apenas nenos, só xente maior que vai morrendo e deixa un banco libre no templo que non ha ter renovación.

É un drama o da pastoral no rural na Galiza. Os cregos, maiores e sen relevos atenden nove parroquias ou máis e andan a celebrar ritos como autómatas e correndo logo co coche  por pistas endemoñadas. A mocidade   

na maior parte abandonou a Igrexa, e só acoden a algunha voda ou funeral quedando as máis das veces no adro. Non hai tempo para crear grupos e acompañalos, para animar novas estruturas, realidades, experiencias.

Volvo os ollos á Comunidade de Taizé que naceu nunha aldea e que ao longo do ano xunta milleiros de mozos de todo o mundo. E non será precisa unha peregrinación da confianza aquí nesta terra tan desconfiada de sempre? ABRIRMOS CAMIÑOS DE ESPERANZA foi o lema do encontro de este ano en Riga.

Taizé provoca interrogación nos mozos e mozas: unha forma de vida sinxela, unha actitude de escoita e confianza, e un camiño de oración contemplativa. Quizais que vallan mais ca quince misas nunha fin de semana…

Rubén Aramburu

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s