Rumores de voluntariado


rumoresDentro de cincuenta anos un rapaz preguntaralle ao seu pai: Ti que fixeches para cambiar o mundo? A resposta posiblemente sexa: Escribín uns chíos reivindicativos  en Twitter ou asinei en change.org… Talvez a idea desta resposta poida parecernos bastante insubstancial. É certo. Se cadra pensamos que a mocidade do noso tempo está pouco implicada pero de cando en vez atopas casos nos que se ve que iso non é así.

Xa falei moitas veces do voluntariado. Un xeito especial de tomar conciencia e aos poucos, cunquiña a cunquiña, cambiar o mundo ou canto menos facelo máis habitable. Veño de ler a historia dunha rapaza que con vinte e un anos colabora nun hospital para enfermos terminais. Sei de mozos e mozas de bacharelato que pasan parte do sábado pola tarde (do seu tempo de lecer, cando outros van a centros comerciais a pasear co móbil na man) en residencias de maiores falando con eles e facéndolles compaña. Que os move? Cambiar o mundo? Ser bos?

Preguntarlles a eles dá a resposta. Non é que eles sexan bos e os outros malos. Non é que non saiban que facer no seu tempo de lecer. Eles aseguran que facer iso failles ser mellores persoas. Que reciben moito máis do que dan, que saen de alí con máis folgos dos que entraron.

A xente que se molla polos demais son heroes que están escribindo unha épica moderna e necesaria. Aínda que sexa silenciosa e os medios de comunicación falen dos heroes balompédicos.  Temos mozos que teñen inquedanzas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s