O Repenso: Un canudo na cabeza


Man looks through a cardboard tube

Man looks through a cardboard tube

Estabamos na clase de Psicoloxía Diferencial. O profesor era intelixente. Gran pedagogo. Os 50 minutos pasaban nun suspiro. Trataba temas que resultaban moi interesantes; xa que, ademais, tiñan algo de tabú para nós.

Un día comeza a clase preguntándonos de que color era o taboleiro que tiña detrás. A resposta era evidente: negro. Pero de seguida debuxa con xiz branco un circuliño no medio e medio do encerado, saca de entre os seus libros e apuntes un canudo dunha canaveira, dállo ao alumno que tiña fronte del, dille que mire co canudo ao punto branco do taboleiro e pregúntalle: de que color é o taboleiro? O alumno responde: branco. Diríxese a todos os demais e volve  preguntarnos: de que cor é o taboleiro? E respondemos: negro.

Este experimento, daquela fíxonos rir nun primeiro momento, mentres el non lle foi sacando todo o miolo e as aplicacións que tiña. De feito, ao ir andando pola vida e convivindo con persoas tan diferentes, comprobei que contiña unha gran verdade. Non hai quen se libre de levar un ou varios canudos.  Mentres non o descubramos, somos capaces de morrer asegurando que é branco o que todos os demais afirman que é negro. Discutimos, berramos, creamos inimizades… Canta culpa teñen os canudos que cada un leva na cabeza! Canudos que herdamos, que a sociedade nos colgou xa de pequenos… e que son tan nosos coma nós mesmos.

Ramón Díaz Raña

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O repenso coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s