O fachineiro dos extraterrestres: A chegada


Este Nadal houbo inflación de películas de ficción científica espacial. Entre elas atópase The arrival, que fala da chegada de doce naves alieníxenas á Terra.  Para ver que queren  contarnos os extraterrestres, os responsables contratan unha lingüista que terá que descifrar as intencións desta sorprendente chegada. Contada así parece máis simple cá asa dun balde, pero a peli está ben e resulta entretida. Con todo, a este fachineiro chamoulle a atención un pequeno detalle: cando a van contratar, a lingüista, que dá clases na universidade, está nese intre falando da orixe do portugués, situándoo no Reino de Galicia. Tampouco é tan raro que nunha aula universitaria se trate da sexta lingua máis falada no mundo. Por esa mesma razón, entre a tristura e a decepción, deume a impresión de que o director portugués da Real Filharmonía de Galicia era un pouco alieníxena, cando se dirixía aos seus músicos en castelán. Claro que, probablemente, entre os músicos había moitos alieníxenas, que tanto lles tería que fose a Filharmonía de Murcia ou a de Huesca. No seu descargo, cómpre dicir que na TVG falou en portugués, pero tamén é certo que, á parte da orixe lingüística, compartimos cos portugueses o xene atlántico que nos impulsa ao abandono da lingua á primeira oportunidade.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s