Ler para camiñar: Ensaios sobre as discordias


Hans Magnus Enzensberger reúne no libro tres ensaios: “La gran migración”, “Perspectiva de guerra” e “El perdedor radical”.

Son de 1992 ata 1996 pero semellan escritos antonte para o mundo de hoxe. Acompáñanse dunha parábola final, “La teocracia olvidada”.

Vai e volve o péndulo da historia. Os conflitos que latexan en cada un destes ensaios están aí: as ondadas de inmigrantes, o terrorismo con raíces en credos, os conflitos armados onde loitan os guerreiros pero os civís sempre poñen os mortos.

A situación idílica das democracias ricas, apoiada no diñeiro e no poder, xa non é intocable. Porque a casa común é compartida por unha única familia humana. De condición inmigrante. Onde o delirio e os dogmas se transforman en crueldade, sangue e destrución. Onde os prescindibles e ‘desechables’ sempre poñen as vítimas. Onde o 1% non pode vivir parasitando ao 99%. Onde as discordias impiden vivir convivindo nun planeta de estatura humana.

Que estes tres ensaios sobre as discordias sexan tan ferozmente actuais é mal sinal para o pequeno planeta, casa común mal repartida. E dúas respostas equivocadas: negar os conflitos ou deixalos nas mans aventureiras de populistas e demagogos, frautistas de Hamelin aos que seguen os medos. É xusto o que estamos a facer con estas feridas mal curadas, sempre latentes. Ao escritor non lle gusta este mundo. Non nos gusta este caixón de xastre onde a desorde causa tanta dor. Pero desde a cólera que rezuman os textos emerxen posibilidades de solución.

‘Ensaios sobre as discordias’ de H. M. Enzensbergur, poeta e pensador, autor teatral, filósofo e ensaísta, un intelectual comprometido que escribe así de ben. Así de acertado.

Juan Antonio Pinto Antón

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ler para camiñar coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s