Rumores de ano novo: Feliz 2017


Vin hai uns días un vídeo no que aparecen un rabino e un bispo cantando. Nese vídeo felicítanse as súas correspondentes festas. Musicalmente, o vídeo é moi pobre, pero é moi significativo. Todo un desexo de paz real baseado na bondade e no respecto. Son novas que non saen na prensa. Son rumores.

Porén, moito se fala dos cardenais que se enfrontan ao Papa Francisco. Non permiten que se saia da ortodoxia. Pero este Papa é de revolución silenciosa imparable. Non está facendo máis ca aquilo que é normal nas nosas comunidades e parroquias. Divorciados que comungan, homosexuais que non son xulgados…

Que queredes que vos diga? A estas alturas da miña vida, non vexo a Deus moi preocupado por cuestións dese tipo. Eu vexo a Deus preocupado pola xente que foxe da guerra ou polas mulleres maltratadas ou asasinadas.

Cando leas isto, estás a piques de abrir o agasallo do ano novo. Un ano noviño, do trinque, que de seguro será especial porque ti o vas facer especial. Feliz 2017!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s