O fachineiro: Antisistema


acs-florentinoHai etiquetas que a este fachineiro lle atacan abondo os nervios. Tres das que máis me fan dar lume cos dentes son populismo, radical e antisistema. Porque levo bastante mal que se tache de radical ou antisistema a CUP, poño por caso, cando racha fotos do cidadán Felipe de Borbón pero que nada se diga de antisistemismo cando se sacha en sanidade ou educación. A non ser que o sistema sexa o de Luís, se fuerte. Lembro coma se fose hoxe as palabras de Rajoy cando, hai catro anos,  dixo aquilo de que “la dependencia no es sostenible”. E meu dito meu feito. Agora sabemos que se recortaron 3.000 millóns de euros na Lei de dependencia. Isto ocorreu na mesma semana na que se falou de pagarmos entre todos e todas as autoestradas de Madrid, unhas empresas privadas que non gañaron o que querían. Claro que as autoestradas non son entes abstractos e afastados. Están xestionadas por Abertis, Sacyr, ACS e Bankia. Serán uns 5.500 millón de euros. E cando Tsipras quere dar unha paga extra aos pensionistas máis empobrecidos, o mesmo presidente que lle enche os petos a Florentino Pérez afirma en Bruxelas que hai unhas normas e que están para cumprise. Pero Tsipras é un antisistema.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s