O Agro: Conversa con Xosé Salvatierra Rico, enxeñeiro técnico agrícola (2ª parte)


O sector lácteo, un ano despois das mobilizacións: perspectivas dunha nova lexislatura

pepe-salvatierraContinuamos a conversa con Pepe Salvatierra -da que publicamos a primeira parte no blogue : Alí faciamos  fincapé nas leccións a aprender da Bretaña francesa. Apuntamos agora cara aos últimos acontecementos no sector lácteo a as perspectivas do que o presidente Feijoo en campaña electoral definiu como a “lexislatura do rural”.

Como valorar o feito da recente unión das tres cooperativas (Feiraco, Melisanto e Irmandiños)?

Todo o que se faga para traballar e emprender cousas racionais xuntos sempre está ben, sempre que se teña un proxecto claro e sostible. Este chega trinta anos tarde, na miña opinión. Pero se non se fixo antes, ben está que arranque agora.

Para min o máis positivo é que as tres cooperativas que  van a formar o novo grupo  xa teñen moitos anos de experiencia en traballar no sector, de forma asociativa. Sempre foron medrando e aturando distintas crises. Outras  que empezaron quedaron embarrancadas no camiño e desapareceron.

As tres cooperativas que se xuntan, para constituir unha de segundo grao, son Feiraco, Melisanto e Irmandiños, con sede en Negreira (A Coruña) Melide ( A Coruña) e Ribadeo (Lugo), respectivamente.

Xa teñen buscado o nome. Chamarase: Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). Empezará a funcionar como tal o dia primeiro de xaneiro do 2017. O importante é que xuntan en total 3.500 gandeiros, que producen 300 millóns de litros de leite ao ano, que  equivale o 15% da produción total de Galicia.

cooperativas-lacteas-unidas

É un avance positivo, en calquera caso…

Este primeiro paso pode ser un primeiro embrión dun futuro grupo máis amplo, coa entrada  doutras cooperativas, mesmo de fóra de Galicia.

De momento, non van a industrializar nin comercializar xuntos. Iso poderá vir máis adiante. O que van facer como arranque é utilizar mellor os servizos que cada cooperativa ten agora, para intentar abaratar custos e mellorar as prestacións, compartindo prestacións e vantaxes, coma horta e maquinaria, que unhas tiñan e outras non. Servizos de todos para todos, mellorando a economía de escala.

Seguro que teñen que pasar de sete a dez anos para ir vendo os resultados como novo grupo, xa con transformación e comercialización, con novos produtos, etc. O importante é pór ben as bases e avanzar con criterios firmes e sostibles. De entrada, paréceme ben a unión.

Será, como prometía Feijoo en campaña, a lexislatura do rural?

En principio, non o creo. En catro anos nos se arranxa o rural, nin outro sector de calquera tipo, que leva tantos anos esquecido e en constante crise.

Empezaríase a notar algo, se atacan varias frontes. Primeiramente, a ordenación do territorio: que se pensa facer cos bosques, co monte? Seguiremos co monocultivo do eucalipto, favorecendo as multinacionais da pasta de papel? Seguro que si. Se non, a que vén o da prórroga de 60 anos máis a papeleira de Pontevedra? Este verán Rajoy andou a pasear pola cidade do Lérez co principal accionista de ENCE.

E despois, que se vai facer cos montes veciñais en man común? Case 600.000 has.,  a maioría delas sen ter un plan de xestión e explotación.

Outra cuestión clave: Por que sistema de produción se vai apostar, para ter explotacións rendibles e sostibles? Seguen pechando arredor de 800-900 explotacións de leite e carne cada ano. En Francia, en Irlanda, en Inglaterra, teñen establecidos un sistema de produción, polo cal apostan e apoian coa investigación, para seren racionais e competitivos. Aquí non o hai.

Iso ten que ver co da base territorial suficiente por cabeza de gando

Como di un enxeneiro agrónomo, de Chantada, que foi moitos anos Director Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural na Comisión Europea, Galicia ten as cortes e as vacas, pero o comedeiro está en Brasil, Arxentina e EUA, de onde vén o millo e a soia, para os 3500-4000 kg. de penso que come cada vaca de leite en Galicia.

Máis desafíos?

Cando se pon a funcionar correctamente o Banco de Terras para favorecer as explotacións familiares? A Conselleira do ramo aposta polas grandes explotacións en detrimento das familiares. Así non se fixa poboación no rural.

Cando se vai penalizar os absentistas por teren fincas abandonadas? Logo ben o lume, e gástanse sobre 160 millóns de euros en apagalo cada ano.  A sonada industria do lume.

Vaise apostar pola transformación dos produtos, ou seguiremos mandándoos  a transformar fóra. Exemplo: Se producimos pasta de eucalipto, por que non temos fábricas de papel, que son as que crean postos de traballo en non contaminan? Mandan os lobbies da madeira.

Investiremos mellor os fondos de desenvolvemento rural, con proxectos a medio e longo prazo, e non en cousas pantalla, para contentar os alcaldes do momento? Seguiremos cos paseos artificiais, que logo veñen os temporais e desaparecen, e ninguén mantén?

Se non mudan unha serie de cousas básicas , será igual ca outra lexislatura calquera.

DLM

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Agro coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s