Rumores: CULTURGAL 2016


Totus pocus, limpa os mocus. Non é que agora escriba en latín chafalleiro. Nin que tolease. Son as palabras máxicas do mago Paco, ao que vimos o sábado en Pontevedra no Culturgal. Que boa tarde pasamos vendo diferentes espectáculos para pequechos. Que cantidade deles gozaban coas actuacións pensadas para eles. Canta creatividade, canto bo facer, cantas cousas boas no Pazo de Congresos de Pontevedra. Culturgal é unha enchente do bo facer dos creativos da nosa terra. É imposible ir a todo, nin gozar con todo. O bo traballo das editoriais, dos artistas musicais, actores e actrices…

Todos os galegos e galegas deberiamos pasar por alí e enchernos de orgullo de noso. Cando pensamos que a nosa autoestima está baixa, podemos vernos neste espello cheo de cores e formas. Ademais o Culturgal non é só o que se ve. Tamén hai cousiñas que non se ven. O encontro coas amizades. Atopei un amigo e faloume de algo moi bo que se está a facer nalgúns IES. Trátase de regueifas a través de grupos de wasap. A rapazada dun instituto regueifa coa rapazada doutro instituto a través desa aplicación de móbil. Extraordinaria idea. Somos creativos, somos imaxinativos, somos Culturgal.

De todas estas sensacións, quedo coa frase da miña filla ao saír do Pazo de Congresos: “Papá, papá, estes son os Bolechas de verdade?”

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s