O fachineiro da economía: Tamén o sol


 


Hai uns días atopouse este fachineiro cunha noticia desas que, se cha contan o 28 de decembro, pensas que se están rindo de ti. Resulta que o goberno portugués acaba de modificar o valor catastral das casas de xeito que vai aumentar o Imposto de Bens Inmobles. Nese imposto, o feito de que unha casa teña exposición ao sol vai ter un peso de entre un 5% e un 20%. Isto pode supoñer máis do que se paga por unha piscina privada, e faise nun país onde o sol non é escaso. Xa se coñece como o imposto ao sol. A receita é sempre a mesma: sangrar os que menos teñen, e iso que o goberno está presidido por un socialista.

Imaxinemos que o alcalde de Folgoso do Courel decide gravar cun imposto o feito de que o aire que respiran os courelaos está moi limpo ou que a traída da auga vén dunha fontela moi sabedeira. Xusto isto lévame a recomendar unha película de Iciar Bollaín, También la lluvia, que conta a loita dos campesiñado boliviano contra a multinacional norteamericana que se fixera co contrato da auga e decidira subila un 300% coma quen non quere a cousa. Poucas veces ocorre, pero naquela ocasión os empobrecidos gañaron o pulso.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to O fachineiro da economía: Tamén o sol

  1. Xavier Nogueira di:

    Gañaron ( También la lluvia), porque estaban, aínda, en estado “salvaxe”, ou sexa, non amaestrados de todo. Sucedeu o mesmo, fíxate ti, coa conquista de Chile polos españois, que foi moitísimo mais difícil que conquistar o Imperio Inca. En realidade os problemas comezaron ao chegar ás fronteiras de dito Imperio e atopar cos salvaxes e incivilizados indíxenas do sur do Aconcagua, nome dunha tribu, que logo pasou á montaña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s