DOMINGO 18 DE DECEMBRO. 4º DE ADVENTO


A PALABRA. Mt 1, 18-24

O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente. Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: «Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.»

Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir “Deus connosco”). Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo á súa prometida […].

A CLAVE: Carme Soto

Xosé: o home que fixo o que non se esperaba del

Hoxe temos un clásico dentro dos relatos da infancia de Xesús. Mateo pon no centro da historia a Xosé, destacando del que era un home xusto. Tradicionalmente considerase que este apelativo refírese a honestidade e bondade con que actúa ante a realidade do embarazo de María. Porén, na mentalidade do mundo mediterráneo antigo ser xusto aplicase a quen sabía comportarse de maneira honorable na sociedade. Algo que Xosé, en realidade, non vai facer.

Para seguir sendo considerado un varón honorable ten que repudiar a María, anque pretende facelo en secreto. Tal actuación lle evitaría ter que defender publicamente a súa honra e posibilitar que María poida seguir tendo unha opción de futuro.

O encontro con Deus nun soño trastorna os seus principios e con temor e tremor, opta por construír unha nova familia, desde o respecto a dignidade de María, construíndo xuntos un fogar para Xesús. Coma cabeza de familia debe dar estabilidade, honor e futuro a súa familia, pero el opta pola inestabilidade e a novidade: deixase guiar, discernir e renuncia a honra, comezando o seu camiño familiar desde os últimos, nas aforas de Belén. E iso será o que Xesús vai propoñer despois os seus discípulos e discípulas: construír unha nova familia dende a igualdade e a reciprocidade, a familia do Reino. Xesús, sen dúbida ningunha, aprendeu de Xosé cal era o estilo de relacións que Deus desexaba. Esa é tamén a chamada que este texto fainos hoxe a nós alén das concrecións do relato.

 

O Eco: Olga Álvarez

Pobre nena María! Non tiña dabondo con todos os traballos da casa e do campo e por riba atópase cun embarazo sorpresa. Pero a cuestión, máis aló do embarazo, está no dilema de Xosé entre ser xusto e ser bo. Ser xusto no senso de cumprir a lei, a norma, ou ser bo, mesmo saltándose a lei e a norma. O que se debe facer ou o que me sae do corazón. Escoitar a voz da conciencia coa que Deus fala a cada un desde o noso interior.

E pensando nestas cousas chega o dilema do Nadal: gastar en paparotas e agasallos, sen pensar en nada máis, como manda a nosa sociedade consumista, ou practicar o deporte da solidariedade, que cansa pero senta ben ao corpo e ao espírito, escollendo algunha campaña na que poder botar unha man. Por poñer un exemplo, a miña parroquia leva varios anos colaborando con Haití, desde o terremoto do 2012. Porque aínda que o resto do ano se axude aos veciños do barrio que o necesitan, nestas datas achegámonos tamén aos nosos irmáns da outra beira do mar. E isto axúdanos a entender o significado real do Nadal.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s