O fachineiro da política: Posverdade


Pois xa temos presidente. Trump, por se alguén pensa outramente. O malo é que foron outros os que o elixiron por nós, e ademais fixérono como se aquí o escolleramos nun cásting de Gran Hermano ou nun concurso do Bamboleo. Claro que tampouco nós estamos para dar moitas leccións. En relación con esta escolla, unha das cousas que máis chamou a atención do fachineiro nestes días foi que o dicionario Oxford elixise como palabra do ano “posverdade”, que sería a tradución do post-truth inglés. E que vén querendo dicir isto? Pois pouco máis ou menos que os feitos non importan, sobre todo á hora de elixir os nosos e as nosas representantes. É o que dicía o propio Trump cando aseguraba que podería saír a pegar tiros na Quinta Avenida de Nova York e a xente habíalle votar igual. Para nos entreter tamén podiamos calcular cantos escanos sacarían Rato ou Bárcenas se o PP decidise presentalos como candidatos á presidencia. Ou Cañita Brava. A min iso de que non importan os feitos senón as emocións, paréceme máis ben que vén sendo que non importa a verdade senón a ignorancia. Isto xa o caricaturizou hai moitos anos Woody Allen cando, nunha escena dunha película súa, unha muller atopa o seu home na cama con outra. El tenta explicarse dicíndolle “A quen vas crer, a min ou aos teus propios ollos”. Pois iso.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s