DOMINGO 4 DE DECEMBRO. 2º DE ADVENTO


http://elblogdesimeonhidalgo.blogspot.com.es/

SE LOCALIZA LA PILA BAUTISMAL DE GUERGUITIÁIN Simeón Hidalgo Valencia (23-06-2014) http://elblogdesimeonhidalgo.blogspot.com.es/

A PALABRA: Mt 3, 1-12

Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto, proclamando: «Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.» El era de quen dixera o profeta Isaías: Unha voz clama no deserto: Preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros. Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro no van, e mantíñase de saltóns e mel bravo. Ía onda el xente de Xerusalén, de toda Xudea e mais da banda do Xordán. Confesaban os seus pecados e el bautizábaos no Xordán. Como se decatara de que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase, díxolles: «Raza de víboras! Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar? Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non vos fagades ilusións dicindo entre vós: “Somos fillos de Abrahán”, porque vos aseguro que Deus pode sacar fillos de Abrahán mesmo destas pedras. Xa está a machada posta contra a raíz das árbores, e toda árbore que non dea froito hase cortar e botar ao lume. Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle leva-las sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume. Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e na hucha recoller o trigo; e ha queimar a palla nun lume que nunca se apaga.»

A CLAVE: Marisa de Corme

Cambiar, descentrarse, apostar polo diferente, deixar as seguridades e lanzarse na procura da outra, do outro. O Evanxeo de hoxe marca o camiño do tránsito entre o antigo e o novo.

Presenta a un Xoán vestido como un novo Elías, prototipo do profeta veterotestamentario, que se abre a un lado e deixa pasar a unha nova xeración profética encabezada por Xesús. O Pobo de Israel deixa paso á Igrexa, a tribo de Leví bótase a un lado do camiño ante a irrupción na Historia dun novo pobo de sacerdotes, profetas e reis…

E así ten que ser. Igual que unha nai se bota a un lado con alegría cando ve á súa filla tomar na súa man as rendas da súa vida, así Xoán se aparta ante a chegada do Reino que trae Xesús, a Cristiandade apártase para deixar pasar ao Pobo de Deus nacido do Concilio Vaticano II, e o patriarcado tense que facer a un lado para dar cabida á ecclesia, a comunidade de iguais. Ou non é así? As resistencias poden ser moitas, pero o avance é irrenunciable, e canto máis facilitadores sexamos dos avances, e máis sorriamos ao ver ao mundo cambiar, máis estaremos deixando fluír o Reino, facendo posible a encarnación.

O Eco: Christina

Esta última semana unha rapaza transexual preguntaba nun foro de fb se se podía batizar de novo, co seu novo xénero e novo nome. De contado apareceu un experto do saber canónico, foi tallante: non se pode repetir o batismo. Ao paso lembrei aqueles tempos en que eu andaba laiándome de que non se poidera repetir o bautismo, non porque cambiara de xénero senón porque acordara a el, e a un tempo comezaba a bocexar o meu ser, a miña identidade, ansiando augas novas.

Entendo a esa rapaza, mesmo lle dixen que seguramente atoparía, nalgunha comunidade de fe, quen aceptara, ainda que o houbera que crear da nada, realizar algún xesto comunitario de acollida dese novo ser que se pon en pé e di “aquí estou eu, esta son eu e este é o meu nome”. Propuxen, mesmo, axuda para elaborar a ceremonia. Con bo criterio, unha responsable de parroquia luterana inclusiva dixo que eles xa tiñan esa ceremonia e que a acollerían con mil amores. Mágoa… a rapaza era católica.

Hai días así, fundiriame coas augas do mar até non ser que maina gota salgada, bágoa que pasean as ondas agarimando as areas. A escena do baptismo de Xoan arrecende a algas, a liberdade a dozura, esa mesma que deita a paisaxe das pistas endereitadas e montes achaados, moita dozura e fresca auga; lévame a soñar comunidades, familias, sororidades e mesas de xantar onde cadaquén pode ser quen é e chamarse polo seu nome, e ser acollida con amor so por selo. Quen vén soñar comigo?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en boa nova coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s