Rumores de esperanza


“A ti gústache o cine ou as películas americanas?” Así comezaba o fachineiro do número anterior. Quedo coa pregunta e coa recomendación do filme de Ken Loach. E tamén quedo coa cantidade de bo cinema que se fai polo mundo adiante e que non entra nas carteleiras dos supermegacines dos supermegacentros comerciais que hai nas cidades. Alí onde comes o mesmo ca un señor de Oklahoma City, atopas a mesma vestimenta que vai poñer unha señora de Hanoi e ves o mesmo filme co mesmo tipo de flocos de millo ca un adolescente de Marrakesh. Sonvos cousas da globalización.

De todos os xeitos, hai dúas experiencias en Santiago que rachan con esta dinámica cinematográfica. Por unha parte está Numax, que leva un tempo traendo cine alternativo a Galicia de xeito moi efectivo. Por outro lado está Cineuropa, que este ano cumpre 30 anos de oferta altenativa.

Os que pasamos polas aulas universitarias compostelás lembramos con cariño os días de cine no mes de novembro. Agardar a comprar a entrada, agardar a entrar á noitiña, ver unha película da que tiñas poucas referencias e, en moitos casos, acertar ou, de cando en vez, equivocarse e ver unha malísima película. Así, pouco a pouco, fomos vendo cine diferente do que vén do imperio. Vimos creacións que supuñan unha forma diferente de facer cine. Longa vida a Numax e Cineuropa.

Xan Guillén

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s