O trasno: Xa está pasando


UNICEF debería facer algo co fillo pequeno de Trump.

Algo para protexer ese rapaciño, con cara de ausente, con esa expresión estraña, escasa de empatía, que lembra por veces a dos nenos co trastorno antisocial da personalidade, que Deus non o queira, non xa por el, meu pobre –é un dicir-, senón, sobre todo, pola cousa de se o Imperio se transforma en monarquía hereditaria.

Como non protexer un neno dun educador que esbardalla desde o seu orgullo machista, que presume de que con cartos pode poñer a man onde lle pete, á que lle pete e cando lle pete? Como non protexelo dalgúen que alimenta o discurso da supremacía branca, o do kukusklan, o que iguala negro con simio e latino con violador. Si, hai que protexelo. Porque, se fai iso en público, que contos non lle terá contado pola noite?

Como non protexelo dun defensor das armas, violento e insultador; que insinúa que non hai nin que remunerar o traballo dos inmigrantes pendentes de regularización, que só merecen o trato de escravos. El, que foi un inmigrante sen papeis, mira ti. Porque todo raparigo debe ser defendido dese discurso criminal que sostén que hai dúas humanidades.

O que vén é serio. Nos anos trinta foi a pasividade, a mornez de liberais e conservadores, dos partidos e forzas dominantes, o que fixo posible que triunfaran os fascismos. O soado silencio dos bos. Primeiro non se tomaban aqueles movementos e grupiños alborotadores moi en serio. Despois, cando empezaron a gañar poder, contemporizábase, quitábase importancia e “normalizábase” o seu discurso bárbaro. Algo como o que pasa agora: “tranquilos, cando manden xa se calman e volven ao rego da responsabilidade e o sentido común”.

É mentira que non pase nada. Xa está pasando. Tamén en Europa. Que llo digan ao repartidor paquistaní de pizzas, no Reino Unido, recentemente atacado con ácido na cara por un grupo de adolescentes de pura raza. Un crime de odio máis nunha escalada impresionante tras o triunfo do Brexit.

Non, non é un problema menor. Cómpre plantar cara alí onde nos vaia poñendo a vida: na escola e no supermercado, no traballo e no bar, na comunidade e na perruquería. E cómpre organizar a resistencia. Esa é a mensaxe para a nosa xente nova. Non valen, non abondan as redes sociais e os “vínculos virtuais”. Hai que construír sociedade real, institucións, proxectos colectivos. A nosa pasividade é a súa vitoria. Internet a súa arma.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s