O peto: Luz para o camiño


Entramos no Advento, primeiro tempo litúrxico do ano. Son catro semanas de preparación espiritual agardando a chegada de Xesús, pero ben poden valer para preparar e reflexionar sobre algúns dos camiños polos que hoxe non se transita axeitadamente. É por iso, querido Peto de San Antón, polo que acendo catro candeas en cada un destes camiños:

O camiño dos refuxiados. A día de hoxe, soamente se alcanzou o 3% da cota de acollidos fixada pola Axencia de Migración da UE. A guerra en Siria continúa como en moitos dos lugares de onde procede cada un dos refuxiados. Polo medio, milleiros de nenos, da man dos seus proxenitores, buscan a luz que alumee o camiño da esperanza. Nas nosas mans está que esa luz non se apague no Mediterráneo.

O camiño do emprego. Nese camiñar que facemos a diario cruzámonos con moitos deles: na cola do paro, na do comedor social, na rúa, na casa propia, na do veciño… hai moita escuridade naqueles que fan números para chegar a fin de mes. Son desempregados. É preciso que os gobernantes sexan quen de alumear políticas para milleiros de fogares, para centos de mozos que cada ano collen a maleta nas busca do que aquí non atopan.

O camiño da educación. Os deberes para a casa, o acoso escolar, a ausencia dun pacto educativo, os cambios metodolóxicos… están de moda, á orde do día. A educación determina unha sociedade e a nosa está vivindo un período de inseguridade, e o fracaso escolar, que sempre deriva noutros problemas, segue sendo materia pendente. É de urxente necesidade colocar unha luz neste campo e darlle a dose de claridade precisa para que os nosos nenos atopen nas escolas un lugar de aprendizaxe real para afrontar o futuro.

O camiño de Xesús. Non está de moda. Con todo, a luz segue acesa e o camiño é transitable, aínda que os nosos ollos non o vexan. Acender unha luz preto de nós para ver a Aquel que sempre está ao noso carón prepáranos para vivir un Nadal real.

Que a luz alumee estes e cada un dos vosos camiños.

Josecho de la Torre Culler

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s