O Trasno: O MURO


o-trasnoBastante inadvertido pasou por esta parte do mundo o III Encontro de Movementos Populares. Non falamos dunha cousa convocada e feita en Belo Horizonte ou Johanesburg por grupos alternativos, deses aos que a dereita gusta chamar “radicais” ou “populistas”, nin dun encontro dos incombustibles para reforzo e alimento da propia identidade.

Vaites, estamos a falar dunha cousa absolutamente impensable hai apenas cinco anos: dunha asemblea en Roma de douscentos membros de noventa e dous movementos populares de masas de sesenta e cinco países. Movementos de maiorías excluídas, de indíxenas desprazados, de inmigrantes, de desafiuzados pola especulación e o espolio globais. E convocados por un papa, Francisco, que incorpora nesa convocatoria a irrenunciable tripla T: Terra, Traballo e Teito.

O que “desde aquí” non vexa a novidade, debería consultar ao oftalmólogo. Evidentemente hai un silenciamento de todo isto nos medios controlados pola dereita novamente reinante, ocupados no peloteo aos gobernantes que os subvencionan e no descrédito dos que intentan algo distinto.

O vello Mujica, Pepe, o uruguaio, seica dicía esoutro día no encontro cousas coma esta:  “Non se pode construír unha cultura solidaria a partir dos valores capitalistas”. “Moita liberdade, independencia, fraternidade, pero, a igualdade? A definición de que somos iguais diante da lei non abonda, a igualdade ten que estar debaixo dos teitos onde a xente habita. A igualdade ten que compoñer a utopía que nos guía”. “Este Papa honra á humanidade enteira”.

Ese sorprendente encontro (acolá lonxe, pero real, buscádeo en Internet) entre Igrexa transformadora e movementos sociais, descoloca e rompe con tribalismos e tabús. Move os marcos. Fende o muro. A Igrexa de por aquí está encantada de coñecerse e recoñecerse a si mesma como a vítima e a inimiga do progreso, da laicidade e da esquerda social e política. A esquerda social e a laicidade progresista galega abomina da Igrexa – e do cristianismo, por infeliz extensión- como da peste bubónica. O tribalismo é brutal: non se escoita, nin le, nin reflexiona, nin se contempla a mínima concesión aos que están doutro lado do muro.

Por iso hai novidade nese encontro.  Pero non hai que desesperarse, que xa nolo dicía o propio Mujica: “Non creo nun mundo perfecto porque sería un aburrimento atroz; para vivir conscientemente hai que ter unha causa”.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s