O fachineiro do cine


I, Daniel Blake

“A ti gústache o cine ou as películas americanas?” Non sei de quen é a frase, que xa teño traído a este fachineiro nalgunha ocasión, porque certamente son cousas distintas. E esta vez é para recomendar I, Daniel Blake, a película gañadora da Palma de Ouro en Cannes, do director británico Ken Loach. Agora que estamos en hora punta de anuncios de colonias e demais regalos de nadal, este filme abre o foco para amosar os que están xa non na marxe, senón na desesperación que provoca o inxusto sistema no que vivimos. Loach e cine social son sinónimos: Ladybird, Ladybird, Chovendo pedras, Sweet Sixteen, A cuadrilla, Terra e liberdade… son só unha pequena mostra do traballo dun home que case sempre pon a súa cámara a carón dos vencidos pola historia.

Desta feita, as angueiras dos protagonistas -desherdados polo estado, caídos pola fenda dixital, e afastados ata das migallas da trituradora capitalista- vémolo máis próximo, porque son os e as que entre nós se incorporaron á cola do comedor social e do banco de alimentos. A película hai que vela; aínda que un saia co corazón encollido. O ministro de traballo e pensións dos conservadores no Parlamento inglés dixo que a película era “monstruosamente inxusta”. Sen vela. A ver con quen coincide o criterio dos lectores e lectoras irimegas.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s