O peto común


o-peto-3

Lorena é unha rapaza da parroquia que non para. Anda en mil actividades de voluntariado, acción social e política, musicais, relixiosas, ademais do traballo e o coidado da familia. Un non chega a entender de onde é que lle saca horas ao día. Acontece que na casa de Lorena case sempre é advento. Veredes, cada pouco aparece un meniño. Un meniño ou unha meniña, ás veces acabados nacer. Algún chegou esmirrado e con moitas carencias físicas e afectivas. O último botou máis de un ano na casa e converteuse no meniño de todas na parroquia. Hai pouco logrouse a adopción por parte duns pais bos e novos e houbo festa de despedida no salón da parroquia: había máis de 50 persoas. Ten que ser duro deixar marchar unha criatura á que se lle deu tanto agarimo. Lorena é unha máis entre as persoas que colaboran coa Cruz Vermella no acollemento temporal de crianzas en situacións difíciles. O advento é esa espera dunha nova realidade que é posible, grazas a xente coma Lorena.

Leo estes días de homenaxes a moitos curas en distintos lugares ao cumpriren 50 anos de servizo. Os xornais non lles dan moito bombo, non xogan ao fútbol. É fermoso que os veciños, sen institucións polo medio, agasallen a quen foi seu párroco durante anos. Un deles foi o noso ben querido cura irimego don Xesús dos Praceres, aló onda a Celulosa de Pontevedra, fieis desde a primeira Romaxe de Irimia. Houbo misa solemne e un xantar con máis de 300 persoas con agasallos simbólicos. Estivo simpático o dos máis cativos: un megáfono! Todo un símbolo de resistencia e mobilización. No adro da Igrexa chantaron un monumento: unha columna sostén un enorme libro pétreo, un mamotreto, di D. Xesús. De fronte leva un fermoso perfil do noso cura ofrecendo pan e viño. D. Xesús mira o libro de pedra e solta unha das súas: “Ten a súa vantaxe, as follas non as leva o vento”. Tamén é Advento en Praceres, en Santo Andrés de Lourizán, que aí lles vén a festa.

Rubén Aramburu

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O peto común

  1. Xavier Nogueira di:

    Escribín na Facevoo ( ou como se escriba) os nomes de algúns seminaristas, daqueles que innauguramos Belvís. E aparecdeu Esmorís Cambón (Isolino). Escribinlle, pero como, lóxicamente, o meu nome non lle soa de nada-nada ( fai mais de senta anos do conto) non me contestou. Se tedes relación con el, animádeo, que a estas alturas, os que desertamos, tampouco comemos a ninguén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s