Rumores de esperanza: Acción de grazas


Misa de doce nunha parroquia dun barrio dunha cidade. A Eucaristía foi preparada polos picariños e picariñas de segundo. Nenos nerviosos que lían os seus papeliños con inseguridade. Chega o momento da acción de grazas e un di: “Dámosche grazas polas piscinas”.

Pois si, hai que darlle grazas ao Pai-Nai polas piscinas. Por que non? Acaso nunha piscina non o pasamos ben? Acaso nunha piscina non nos refrescamos no verán? Acaso nunha piscina non facemos deporte no inverno? Acaso unha piscina non é algo fantástico?

Este cativo ten metido na súa cabeza que Deus é divertido se realmente é como din que é. Deus tamén está na diversión e nos mergullos de verán, no cursos de natación. Nesa acción de grazas hai algo máis ca un agradecemento por algo importante para o raparigo de sete anos. Hai toda unha catequese para os adultos de misa de doce. Só lle pido a Deus que a estes cativos de segundo ninguén lles quite a perspectiva. Que ninguén lles amose o deus aburrido que se parece ao rei de bastos da baralla buscando bater naqueles que pecan. Que ninguén lles ensine o deus do tedio e do conformismo lonxe do bo da nosa vida. Porque ti, Deus, es o Deus de Isaac, de Xesús de Nazaré, da Natureza, de María-Nai, de Abraham e da piscina no verán. Amén.  

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s