Rumores de esperanza


A varíola foi erradicada segundo a OMS no ano 1980. Polo visto ningunha outra enfermidade infecciosa volveu ser erradicada. Pero seica estamos en camiño de erradicar a segunda, a enfermidade de Pian. Esta enfermidade ten coma consecuencia a deformación dos ósos e chagas na pel, especialmente na cara. É unha enfermidade que ataca especialmente aos cativos pequenos.  Coma calquera destas enfermidades é unha enfermidade de pobres. Aínda está presente en Papúa-Nova Guinea (nunha das súas illas) e algunhas pequenas rexións de África.

Para curala só é preciso unha sinxela dose de Acitromicina (hai anos era preciso un laborioso tratamento de penicilina). Agora tomando unha sinxela dose de 30 mg./kg. o/a enfermo/a está curado. A verdade é que a enfermidade nos últimos anos está remitindo.

Cóntase que para o ano que vén xa estea erradicada. E todo isto grazas a un médico catalán chamado Oriol Mitjá, de 36 anos. Rematada a carreira e a súa tese de doutoramento foi facer o seu labor en Nova-Guinea onde atopou esta enfermidade descoñecida para el. Comezou loitar contra ela, atopou o remedio e agora loita teimudamente para que chegue a toda a poboación. Hai xente boa de nome descoñecido que son motivo de esperanza.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s