O peto


Leo a sección de cultura dun xornal galego: “Justin Bieber actuará en Belmonte del Tajo”; “Bob Dylan nobel de literatura” outros titulares sobre Depeche Mode e o grande Leonard Cohen. Vai de cantantes e cantores. Reviso por se me trabuquei de xornal, pero non: Galicia, cultura.

Na tardiña anterior, no rebelde e resistente poboado da Silva, na Coruña, baixo unha mansa e fecunda chuvia, case un cento de persoas rendía homenaxe a Pucho Boedo, preto da casa onde viviu de neno. Manolo Rivas deitou versos que se confundiron co orballo nunha fermosa ladaíña popular e laica. Xurxo Souto e as veciñas da Silva entoaron repichocas de saudade e festa. Soaron as gaitas e pandeiras nas mans dos Viqueiras e Sito Sedes entoou a pelo o “Adeus ríos, adeus fontes” coma un salmo evocador da voz de Pucho.

O diario galego que opina na Coruña non soubo deste encontro, tampouco que en Sada na mesma noite, facían homenaxe a Ramón Suárez Picallo no su 52º cabodano. Mal imos cando Justin Bieber  abre as seccións de cultura dos xornais galegos.

Tampouco souberon nin gozaron dos parteiros versos de Rivas, como dixo John Balan: “eles o perden!”

No teu canto,

o amor venceu a morte,

a lingua foi chorima,

e latexou o corazón da noite,

Pucho Boedo,

o neno da Silva,

a estrela do pobo,

Mentres ti cantes

vivirá Galicia

a esperanza incesante.

Pucho Boedo. Gaiteiro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s