XX Aniversario Mulleres Cristiás Galegas – EXERIA


o-noso-taboleiro

Benquerida/s amiga/s:

As amigas de Exeria, as Mulleres Cristiás Galegas estamos de en hora boa!

Neste ano 2016 cumprimos 20 anos de vida como Asociación, e querémolo celebrar como se merece!

O próximo sábado, 5 de novembro, no local do Cersia, na Rúa San Lázaro, á beira da ruta xacobea que une Santiago con Europa, ímonos xuntar todas as amigas de Exeria cunha xornada de reflexión e festa.

Empezaremos ás 10:00 coa inscrición e benvida.

Ás 10:30 falaremos con Adelaide Baracco i Colombo, doutora en teoloxía especializada en mística e membra da Asociación de Teólogas de España, ATE, sobre a situación das mulleres na Igrexa desde unha perspectiva feminista.

Ás 12:30, logo dun pequeno descanso, a escritora Susana Sánchez Aríns, da ONG Implicadas no Desenvolvemento, faranos pensar sobre feminismo e activismo social hoxe: reflexión, acción e colaboración.

Xantaremos nos restaurantes que hai nos arredores para retomar a actividade ás 16:30 cunha celebración da vida da nosa asociación, Mulleres Cristiás Galegas Exeria.

Remataremos cunha festa con baile e pandeiretas que chegará ata as 19h.

Queremos que nos acompañes neste día, tan significativo para nós, e nos axudes a soprar as candeas da nosa torta de aniversario. Convida tamén ás túas amigas, e traede a pandeireta e moitas ganas de festa.

Esperámosvos a todas!!

Bicos e apertas,

Asoc. Mulleres Cristiás Galegas Exeria

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s