O fachineiro da lingua


O futuro xa non é o que era

O último número da Revista Galega de Educación é un monográfico sobre a lingua na educación infantil -obviamente, o futuro da nosa fala. E os datos non poden ser máis ferintes. Os nenos e nenas entre 5 e 14 anos que son monolingües en galego -ou falan sobre todo en galego- descenderon dun 40% a un 25% en só unha década.

Estas cifras arrepiantes pasaron bastante desapercibidas polo medios. Trátase dunha indiferenza que casa moi ben co trato que lle damos aos montes, aos ríos, ao patrimonio, á cultura… Esta situación vese afortalada pola artillaría do goberno galego (alguén se acorda da eliminación das liñas de galego en educación infantil?) e os prexuízos contra a lingua están tan vivos coma nunca. Os que queren ver desaparecer o a lingua non teñen que esforzarse: só teñen que agardar tranquilamente que vaia pasando o tempo.  Por iso son tan urxentes medidas imaxinativas e positivas.

É o caso de LGx15, unha xornada de ideas, propostas e reflexións -organizada pola CTNL- para influír no futuro do galego. A deste ano vai ser a segunda edición  e celebrarase o próximo día 24 na sala Capitol de Santiago. Hai que ir.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O fachineiro da lingua

  1. Xavier Nogueira di:

    O que non saben os que machacan o galego é que, cando ninguén o fale, haberá mais nacionalistas que nunca. Como pasa en algunha outra parte. Ao tempo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s