O Noso taboleiro


XXXI Foro Encrucillada

Tiven que refuxiarme e acolléstesme

Sábado 22 de outubro 2016

10:30-19:00h – Auditorio de Cersia, San Lázaro, Santiago

 

A realidade das persoas refuxiadas bate nas portas de Europa e xera cada día máis sufrimento ao que non podemos ser alleos. O Dereito Internacional está sendo esmagado, pero tamén vemos como moita xente anónima se está a organizar para poñer un pouco de luz na vida de tantas persoas que sofren.

A asociación Encrucillada no seu XXXI Foro quere mostrar esta realidade, coas súas sombras pero tamén coas luces que se abren no camiño sen retorno das persoas refuxiadas.

Reflexión e oración pola paz é a proposta que achegamos, co ánimo de axudarnos a interiorizar a nosa aposta decidida pola vida, o dereito e a dignidade.

 

Horario:

10:30 Apertura e presentación: Elvira Santos Pena,

10:45 Relatorio: Retos teolóxicos e pastorais.

Mons. Santiago Agrelo Martínez, OFM, bispo de Tánxer.

12:00 Descanso

12:30 Relatorio: Análise dende a legalidade internacional.

Dª Cristina Gortázar Rotaeche,

Profesora de Dereito Internacional U. P. Comillas

14:00 Xantar

16:30 Lembranza de Xosé Alvilares Moure, Xosé Chao Rego, Agustín Fernández Paz e Xaquín Barros.

16:45 Mesa redonda. Refuxio e acollida: a esperanza está en nós.

Coordina: Miguel Fernández Blanco do Foro Galego de Inmigración.

18:00 Celebración Interrelixiosa pola Paz, na que participarán persoas de crenzas budista, xudea, cristiá, musulmá e Bahai coa ambientación musical de Toñito de Poi.

19:00 Peche

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s