“Cremos no rural” bota a andar



Quen somos “Cremos no rural”?

No grupo “Cremos no rural”, xuntáronse as Comunidades de Relixiosas no rural e o Movemento Rural Cristián. Acordamos traballar de forma coordinada. Queremos o rural, vémolo moi frouxo pero tamén vemos posibilidades enormes que non podemos deixar que morran. Entendemos que a xente cristiá debe estar aí no corazón desa realidade, compartindo penalidades e esforzos, ofertando aquel punto de ilusión e esperanza. No Evanxeo de Xesús hai unha extraordinaria forza de vida, por iso mesmo nos chamamos “Cremos no rural”.

img_3367

Rurais con outra moita xente

Somos un grupo que nos consideramos irmán do grupo “Vivimos no rural”. Ademais queremos advertir que o rural en Galicia non son só as aldeas. Admitindo as importantes diferenzas que existen entre unha aldea e unha vila, para nós a maioría das vilas, sobre todo do interior, son espazo rural, que queremos ter en conta no noso traballo.

Botámonos a andar con esperanza

Despois dun tempo de pensar como levar adiante o noso traballo, este ano, no Cursiño de Verán en Santiago, botámonos a andar. Xa miraramos, nunha xuntanza previa, por onde empezar e sinalamos estes tres campos, por esta orde: ver a que tipo de comunidades cristiás queriamos chegar; ver como acompañar as diferentes soidades que se están a dar entre nós; e ver como entrelazar a fondo a vida coa fe. Logo virían outros campos.

Este ano empezaremos a traballar: ter claro a onde queremos chegar pode orientar o noso traballo, facelo eficaz, forte, integrador. Empregaremos o método de Revisión de Vida, cos seus tres tempos de Ver, Xulgar (valorar), Actuar. Un método non abondo practicado, porque, aínda que garante unha fidelidade á realidade e non quedar en simples palabras e proxectos, ten a súa lentitude, a súa dureza. É coma o traballo labrego, que dá preciosos froitos, pero ao custo de esforzos e suores; nesas queremos andar, pensando que, como di o salmo 126, “Quen entre bágoas sementa, entre cantares recolle”.

 

E facémolo desta maneira

Así, de aquí a primeiros de decembro, en pequenos grupos parroquiais ou interparroquiais, axudad@s por un guieiro para cada xuntanza, no que se inclúe un pequeno e sinxelo cuestionario preparado para o caso e materiais para a oración en común, miraremos como están a día de hoxe as nosas comunidades cristiás, as nosas parroquias. Do que vaiamos vendo faremos resume para levalo a un próximo encontro en decembro. Parécenos un paso imprescindible, para logo poder valorar o que vemos aí de positivo, o que non o é tanto, onde colocariamos os nosos soños, como ir chegando a eles, etc. Cousas que iriamos abordando en etapas inmediatas dentro do curso.

Invitamos a quen se nos queira sumar

O noso traballo pode ser de proveito para esa ampla realidade rural. Igual hai máis xente que quere facer algo e que se atopa algo perdida. Encantad@s de poder compartir esta nosa iniciativa: compartir materiais, presentalos, ter algún encontro con persoas interesadas, a abrir os nosos grupos e encontros a máis xente.

Manuel Regal Ledo

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s