O peto


Nesta noite de outono, desexando ver os cambios na paisaxe de Galiza, desexando ver os ocres cubrindo os camiños… desilusionadas porque os cambios non dan chegado, a pesar dos esforzos e ilusións seguirán os mesmos.  Mais orgullosas do traballo, o empeño, a idea, o discurso e a presenza.

Coas mochilas preparadas, que mañán é día de colexio para os nenos e nenas, o futuro do país, e todo seguirá igual, se non peor si cabe. Qué futuro lle estamos preparando?, só me pregunto si se lle ofrece una boa aprendizaxe nas escolas, se a sanidade pública os atende ben, se servizos sociais cubre as súas necesidades básicas, se os seus país e nais teñen un emprego, se os motivamos para estudar, ou formarse no oficio que escollan, se van manter ilusións por contruír un bo futuro.

Hoxe, entereime que unha veciña e amiga tivo que marchar traballar fora, ben lonxe, que os primeiros días están sendo duros, que bota de menos a terra, e enchéselle os días de morriña, e co que ela ama o seu fogar!; qué triste que non sexamos capaces de dar cabida ao traballo, esforzo e súor de tanta xente tan válida que ten que facer as maletas, pero non para ir aocolexiomañán, se non para emigrar. Meu pai, que tamén che está a varios miles de kilómetros, ás 12 do mediodía, dicíame _ polanoite chámame e cóntame os resultados electorais, e eudíxenlle _ se queres xa chos digo agora…. E non me equivocaba, ogallá me equivocase.

Venme á cabeza Penélope de Diaz Castro:

“Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teusollos se espreguiza. Aran os bois e chove”.

Teri Souto

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s