Rumores de esperanza: A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo


Todos os que lemos isto pasamos pola escola. Como ben se sabe é un dos nosos primeiros lugares de socialización. Todos alí aprendemos a convivir cos nosos iguais. E todos lembramos que como lugar de socialización aprendemos as inxustizas que existen na nosa sociedade. Unha desas inxustizas é a do acoso escolar. En todas as aulas había acosadores e acosados. Sempre era así, había que aprender a defenderse. O acosado era culpable por non saber impoñerse.

Pero realmente o acoso no nivel que sexa é unha desgraza. O máis cómodo é botarlle a culpa ao acosado facendo da vítima culpable. Pero a boa nova é a que a nosa sociedade está tomando conciencia da realidade e virándose contra dela. Nos medios estase a falar do acoso e os centros comezan a tomar conciencia disto. Son moitas as iniciativas nese sentido. Hai centros que teñen equipos de mediación feitos polos mesmos rapaces. Parabéns.

Tamén é xeitoso o método finés kiva. Este método parte da idea de que o acoso é un problema social e non só do acosador e do acosado. Que en calquera caso de acoso hai unha sociedade (compañeiros de clase) que calan e acaban sendo cómplices pasivos. Que o acoso é un problema serio que hai que solucionar. Oxalá que pouco a pouco nas aulas haxa conciencia deste problema e se busquen solucións. Se educamos rapaces e rapazas críticos co acoso escolar formaremos adultos que denuncien o acoso laboral ou machista.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

0 Responses to Rumores de esperanza: A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo

  1. Xavier Nogueira di:

    A educación, o único remedio, pero… a logo prazo ( e que teña unha mínima continuidade no tempo, o cal, neste país de maría s., conta con pouca seguridade para poder levarse a cabo, porque esa é a cuestión, lembrade o maxisterio republicano).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s